Estancia en Varsovia

Esta semana, acompañados polo coordinador do proxecto, Jorge Bandín, e a profesora que activamente traballa con él , Mª Carmen Castro, está un grupo de rapaces do proxecto Erasmus + en Varsovia compartindo as súas experiencias e traballo sobre a Inmigración e mobilidade en Europa co resto de grupos dos demais países participantes: Francia, Polonia e Alemania.

Días para compartir e intercambiar con alumnos e alumnas doutros países e culturas.


Entre as actividades organizadas están a Presentación do sistema europeo de Protección de Fronteiras, experiencias sobre a invasión nazi e as consecuencias durísimas que tivo para a poboación polaca: os trens a Treblinka, a historia do pobo xudeu en Polonia, visita a cidade de Lodz (gueto e campo de concentración), Varsovia… unha experiencia inolvidable, aportando o seu traballo, as presentación despois de meses de i

nvestigación, e coñecendo a historia e cultura de Polonia.


Pero tamén hai tempo para actividades máis lúdicas: trampolíns e camas elásticas, saídas de celebración… e algún que otro cumpreanos
Ata a volta e preparádevos para informar desta maravillosa experiencia!!!

Ligazón ao blog de Erasmus en Varsovia